MADRID, 17 (OTR/PRESS)
17/07/2010
06.10 Vivi-lo Mar (R).
Vivi-lo Mar.
06.25 Labranza (R).
Labranza.
06.50 Galicia Visual (R).
Galicia Visual.
07.35 Cazatesouros.
Cazatesouros.
10.30 Walker, Ranger de Texas.
Chuck Norris dá vida ao axente Cordell Walker, un axente dos Rangers de Texas do corpo estatal de investigación que foi criado polos indios. Veterano da guerra de Vietnam e shériff da vella escola, este axente experto en artes marciais é coñecido polo seu xeito salvaxe de resolver os crimes.
11.20 Galicia para o Mundo.
Presenta Carmen Chao.
12.30 A Revista Fin de Semana.
Presenta Almudena R. de Urzáiz.
13.35 FP O teu futuro.
FP O teu futuro.
13.50 Informativo Local (Desconexións).
Informativo.
14.25 Telexornal Mediodía.
Presentan Marga Pazos e Alfonso Pérez. A información deportiva corre a cargo de Carlos Macía.
15.15 Camiños da Cultura.
Camiños da Cultura.
15.20 O Tempo.
O Tempo.
15.25 Cultura 10.
Recolle semanalmente, de xeito dinámico e visual, a actualidade cultural tocando todas as súas formas e expresións posibles. Un equipo de reporteiros culturais guiará o programa desprazándose por toda Galicia, e a escritora Luísa Castro será a entrevistadora.
16.00 Bonanza.
Creada por un escritor convertido en produtor, David Dortort en 1959, Bonanza é hoxe unha serie de culto que interesa por igual a tres e ata catro xeracións.
Narra a vida dunha familia no vello Oeste, nunha das épocas máis duras e violentas da historia dos EUA. A familia Cartwright está formada por Ben Cartwrig, pai modélico, educador e conselleiro, e os seus tres fillos, Adam, o intelectual; Hoss, o forte, e Joe, o mozo impetuoso de gran corazón.
A súa residencia era o mítico rancho "A Ponderosa", un imperio de gando, madeira e unha vista espectacular das montañas de Nevada. Foi o primeiro filme do Oeste asentado nun fogar permanente como base habitual. Ata entón, o xénero caracterizábase pola itinerancia como base da trama e as aventuras.
TVG trae agora o recordo daquel "boom" televisivo.
17.55 Entrada Libre.
"O demo ás catro" ("Devil at four o?clock"), de Mervyn LeRoy, con Spencer Tracy, Frank Sinatra, Kerwin Mathews, Jean Pierre Aumont. EUA, 1961, 121", Aventuras (T) Nun avión que leva varios presos para unha cadea na illa francesa da Martinica viaxa tamén un crego novo para substituír o que leva varios anos aló, que fundou un hospital para leprosos. A erupción dun volcán vai provocar unha traxedia colectiva, que porá a proba os reclusos acabados de chegar.
20.25 Telexornal Serán .
Presentan Marga Pazos e Alfonso Pérez. A información deportiva corre cargo de Carlos Macía.
21.15 Camiños da Cultura (R).
Camiños da Cultura.
21.25 O Tempo.
O Tempo.
21.30 Actualiz@dos.
Docu-show que ten como horizonte internarse na idiosincrasia das aldeas, vilas e cidades galegas, nas súas xentes, tradicións, maneiras de vivir novas e vellas, así como personalidades nunca vistas ou escoitadas antes. Un tema da actualidade cotiá será o punto de arranque de dous reporteiros, que se van poñer en acción para estar alí onde estean os acontecementos e para amosalos tal como son, tal como somos.
22.30 25 Anos de Música: "Europa no Camiño".
Espectáculo musical que se desenvolveu na Coruña e estivo presentado por Xosé Manuel Piñeiro e Beatriz Manjón. Sobre o escenario actuaron numerosos artistas cunha longa traxectoria musical ofrecendo unha mestura de estilos desde os sons tradicionais da canción española ata a música pop pasando polo máis prestixioso folk galego. Isabel Pantoja, Marta Sánchez, Luar na Lubre e Lucía Pérez, son algunhas das actuacións.
18/07/2010
00.30 Cinema de Noite.
"O mercader de Venecia" ("Merchant of Venice"), de Michael Radford, con Al Pacino, Jeremy Irons, Joseph Fiennes, Lynn Collins, Zuleikha Robindos, Kris Marshall, Charlie Cox, Heather Goldenhersh EUA, 2004, 122?, Drama (13) Venecia, 1596. A cidade máis poderosa de Europa vive a intolerancia e o odio dos cristiáns cara aos xudeos, aos que despreza e condena a vivir no Ghetto, a zona vella amurallada da cidade. Neste contexto desenvólvese o destino e a fortuna dun grupo de nobres cristiáns e da súa relación co prestamista xudeo Shylock, que pecha un trato con Antonio. O xudeu prestaralle 3.000 ducados para o seu protexido Bassanio, que quere os cartos para casar coa rica herdeira Porcia. En caso de incumprimento na devolución, poderá requirir unha libra de carne do propio corpo de Antonio.
02.40 Butaca Especial.
"O deserto vermello" ("Il deserto rosso"), de Michelangelo Antonioni, con Monica Vitti, Richard Harris, Carlo Chionetti, Xenia Valderi, Aldo Grotti, Rita Renoir. Italia, 1964, 112", Drama (T) (V.O.S) Unha muller que acaba de sufrir un tremendo shock emocional tras dun aparatoso accidente de tráfico vive unha depresiva vivencia existencial nunha cidade industrial que parece un deserto, tanto no seu aspecto físico coma no das relacións entre os seus habitantes.
04.30 Noite de Jazz.
Noite de Jazz.
04.50 Sons na Noite (R).
Sons na Noite.
05.10 A Revista Fin de Semana (R).
A Revista Fin de Semana.
|